A Aldea e o Patrimonio

A xeografia

A parroquia de Santalla do Alto esténdese entre 400 e 600 metros de altura, no lado oeste do Monte do Castro de Vigo. Este monte de preto de 600 metros é a altura máxima da parroquia.

Preto das marxes do Tordea, Santalla do Alto é bañada por dous regos principais, rego de Fontela e Rego de Pombo.

mapa

img_20180830_1910421676603134.jpg
Vista de Santalla do Alto desde Golás

 

Os Lugares

Os lugares e casas de Santalla do Alto son:

  • A Eirexe, do xenitivo greco-latin para ecclesia ‘congregación’. Casas de Eirexe, Portugués, Quiroga, Taverneiro, Bolaños…). Ata os anos oitenta houbo unha taberna na casa do Taverneiro.
    Casa do Taberneiro - Santalla
    Casa do Taberneiro

  • Fonteboa, do latin vulgar ‘fons bona’ (Casas de Polo, Carpenteiro)

Fonteboa - Santalla Xulio 2014

  • Santalla, simplificación de ‘Santa Eulalia’ (Casas de Cuba, Manteigo, Mariscal, Santalliña, Lixeiro, Pacio, Cativo, Tenasio e localización da vella escola)

img_20180103_132211151124650.jpg

  • A Casanova, da forma latina ‘casa nova’ (Casas de Mingos, Valcarcel, Leirado, Migueliño…)
dav
Casanova

20200826_1837174334126045753299617.jpg

  • Vilar, do latin vulgar ‘vicus’, aldea no campo (Casas de Caloto, Abelaira, Luis de Requeixo, Porto, Estanqueira, Sabugueiro, Leirau, Caloto, Caseiro, Fontes)

  • Golás, antigamente dito ‘Golais’ o’Galaens’ (Casas Catalino, do Duque, do Estanqueiro, Gundian, Zapateiro, da Pepa, Silvina, Leirau, Lois, Luisa, Pepita, Domingo)
  • Riazor, antigamente dito ‘Riaxoo’ e abandonado des de os anos 60 do século pasado. Casas de Zarralleiro y Perillas. Antigamente había ata 5 casas neste lugar agora abandonado.
    20200826_1814345759899719117538101.jpgLembranza da Casa de Zarralleiro
  • Vigo.  Casas de Carpinteiro, Ferreiro, Cadatán, Lourenzo, Perez, Casarón, Sastre y Cruces

Vista de Vigo desde o Barrio

 

O Patrimonio

A Igrexa de Santalla do Alto

A igrexa atópase en Eirexe. Mencionada por primeira vez no ano 747, é unha igrexa de estilo románico tardio do século XII. Trátase de unha nave cuberta a duas aguas con tellado de lousa sobre armadura de madeira. Ten un retábulo maior neoclásico con imaxe de Santa Barbara e no lateral norte un sencillo retábulo do século XVII. As pinturas murales, do século XVI, foron redescobertas no 1989 e foron obxecto dunha serie de artigos no diario El Progreso os dias 11, 12 e 12 de Febreiro dese ano.

Igrexa Santalla - Xulio 2014

Xulio Xiz di en ‘O Corgo, Amplo Horizonte’ que ‘conserva porta románica e fiestra saeteira, sendo barroca a espadaña. No interior, garda interesantes retablos. Jaime Delgado denomina de “falsa ferradura” o gran arco triunfal existente no interior. A ábsida ten un tramo recto e cabeceira semicircular. A igrexa non é anterior a 1200, pero tampouco moi posterior. Por Jaime Delgado sabemos que as pinturas aparecidas ó facer obras na igrexa consisten nun orixinal viacrucis coas catorce estacións compostas por pasos todos iguais: cruz con lises. O resto das pinturas, de fins do XVI, mostran un San Roque con bastón de peregrino e a coroación de María por dous anxos.

Igrexa Santalla do Alto (Vista Altar)Igrexa Santalla do Alto (Pintura)

No documento adxunto publicado en RomanicoDigital amosa máis información sobre as características da igrexa https://www.romanicodigital.com/sites/default/files/pdfs/files/LUGO_Alto.pdf

Porta Igrexa Santalla - Xulio 2014
Porta románica

O cruceiro

Cruceiro con base de formigon e cruz de ferro de mediados do pasado século. Atópase a escasos metros da igrexa parroquial de Santalla do Alto.Cruceiro en Eirexe

Os Castros

Os Castros son aldeas celtas fortificadas, de época romana ou prerromana. Na aldea de Santalla do Alto hai vestixios de dos fortes, aínda que en moi baixa condición

Castro da Croa de Vilanova : Asentamento fortificado da edade de ferro. Situado no lugar de Vilanova. Presenta duas murallas perimetrales ben notorias cun perímetro aproximado de mais de 300m . Estimase pudo acoller mais de 300 persoas. Atópase a unha altitude de 467 metros. Localización aproximada

Croa de Vilanova

Castro de Vigo. Asentamento fortificado da edade de ferro. Presenta doble muralla perimetral e ten estado de conservación aceptable cun perímetro aproximado de 300m. Estimase pudo acoller entre 200 y 300 persoas. Atópase a unha altitude de 589 metros. Localización aproximada.

Dicese que a igrexa actual foi construída sobre outro castro de grandes dimensiones, o Castro de Eirexe.

Horreo de Casanova

Horreo sobre acceso a eira de mediados do pasado século. Dispon de balagustos de madeira, un pinaculo e unha cruz.Horreo en Casanova (Santalla do Alto)

As medorras do Monte Ouzal

Necrópole formada por cinco enterramentos. As medorras son tumbas megalíticas, construcións megalíticas feitas de grandes montículos de pedras e terras. Atópanse no Monte Ouzal. Están practicamente desaparecidas a causa das roturaciones

Medorra no Monte Ouzal

As historias

Dicese que desde tempos inmemoriais hai un túnel en Santalla do Alto que une os castros de Vigo e Vilanova. Fai moito tempo foi descuberta unha entrada é deixaron entrar nun can para ver onde fora, pero nunca reapareceu…