O Patrimonio

A Igrexa

A igrexa atópase en Eirexe. Mencionada por primeira vez no ano 747, é unha igrexa de estilo románico tardio do século XII. Trátase de unha nave cuberta a duas aguas con tellado de lousa sobre armadura de madeira. Ten un retábulo maior neoclásico con imaxe de Santa Barbara e no lateral norte un sencillo retábulo do século XVII. As pinturas murales, do século XVI, foron redescobertas no 1989 e foron obxecto dunha serie de artigos no diario El Progreso os dias  11, 12 e 12 de Febreiro dese ano.

Igrexa Santalla - Xulio 2014
Torre da Igrexa

Xulio Xiz di en ‘O Corgo, Amplo Horizonte’ que ‘conserva porta románica e fiestra saeteira, sendo barroca a espadaña. No interior, garda interesantes retablos. Jaime Delgado denomina de “falsa ferradura” o gran arco triunfal existente no interior. A ábsida ten un tramo recto e cabeceira semicircular. A igrexa non é anterior a 1200, pero tampouco moi posterior. Por Jaime Delgado sabemos que as pinturas aparecidas ó facer obras na igrexa consisten nun orixinal viacrucis coas catorce estacións compostas por pasos todos iguais: cruz con lises. O resto das pinturas, de fins do XVI, mostran un San Roque con bastón de peregrino e a coroación de María por dous anxos.

Porta Igrexa Santalla - Xulio 2014
Porta románica

O cruceiro

Cruceiro con base de formigon e cruz de ferro de mediados do pasado século. Atópase a escasos metros da igrexa parroquial.

img_20180830_171754957948879.jpg

Os Castros

Os Castros son aldeas celtas fortificadas, de época romana ou prerromana. Na aldea hai vestixios de dos fortes, aínda que en moi baixa condición

Castro da Croa de Vilanova : Asentamento fortificado da edade de ferro. Situado no lugar de Vilanova. Presenta duas murallas perimetrales ben notorias cun perímetro aproximado de mais de 300m . Estimase pudo acoller mais de 300 persoas. Atópase a unha altitude de 467 metros.  Localización aproximada

Castro de Vigo. Asentamento fortificado da edade de ferro. Presenta doble muralla perimetral e ten estado de conservación aceptable cun perímetro aproximado de 300m. Estimase pudo acoller entre 200 y 300 persoas.  Atópase a unha altitude de 589 metros. Localización aproximada.

alto-de-santalla-desde-vigo_11494761
Santalla desde Vigo

Máis información sobre estos castros pode ser encontradas en Páxina dos Castros de O Corgo de Javier Gómez

Dicese que a igrexa actual foi construída sobre outro castro de grandes dimensiones, o Castro de Eirexe.

Horreo de Casanova

Horreo sobre acceso a eira de mediados do pasado século. Dispon de balagustos de madeira, un pinaculo e unha cruz-

As medorras do Monte Ouzal

Necrópole formada por cinco enterramentos a 482 metros de altitude. As medorras son tumbas megalíticas, construcións megalíticas feitas de grandes montículos de pedras e terras. Atópanse no Monte Ouzal. Están practicamente desaparecidas a causa das roturaciones

As historias

Dicese  que desde tempos inmemoriais hai un túnel que une os castros de Vigo e Vilanova. Fai moito tempo foi descuberta unha entrada é deixaron entrar nun can para ver onde fora, pero nunca reapareceu…

Advertisements